Modelo do Sistema Público de Servizos Sociais que defende o Traballo Social

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) organiza o venres 17 de novembro a xornada “Modelo do Sistema Público de Servizos Sociais que defende o Traballo Social”. A cita celebrarase entre as 10.30 e as 18.00 horas na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A inscrición previa, gratuíta e obrigatoria, pode xestionarse neste link. O programa da xornada completo da xornada pode consultarse aquí. 

Nesta cita, o COTSG presentará o contido da proposta homónima publicada polo Consejo General del Trabajo Social. Unha proposta proactiva de reorganización do sistema de benestar social e do papel que a profesión ocupa nel. Afondarase polo tanto na proposta dun novo modelo de Servizos Sociais defendido dende a profesión. 

O programa contará coa intervención de Emiliana Vicente, presidenta do Consejo General, e coa súa homóloga no COTSG, Miriam Rodríguez. A xornada incluirá a presentación do ‘Informe sobre los Servicios Sociales en España y la profesión del Trabajo Social’. Por último, o evento inclúe o relatorio “O modelo de servizos sociais dende o Traballo Social”, con Ana Vilar e Belén Navarro, moderado por Cristina Díaz; e o relatorio, “O Traballo Social diante do novo modelo”, con Ignacio Crespo, Luz Campello e Rosario Capelo, moderado por Luisa Andaluz.  

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h