Mellora da sustentabilidade nas empresas turísticas galegas

O sector turístico ten unha ampla marxe de mellora no que respecta á eficiencia enerxética. Por iso, un dos retos específicos da Estratexia de Turismo de Galicia 2020 é a paisaxe, os recursos naturais e a sustentabilidade (reto 1) e, en concreto, como recolle o obxectivo estratéxico 1.4, a "sustentabilidade das infraestruturas turísticas".

Así, tal e como se indica no Plan, é necesario sensibilizar o empresariado turístico galego sobre a importancia de mellorar o sector desde o punto de vista da sustentabilidade, facendo especial fincapé en que a relación calidade/medio natural axuda a optimizar os custos empresariais.

O vindeiro xoves 25 de abril de 2019 celebrarase en Santiago de Compostela, no Aula Seminario do Museo Centro Gaiás, a xornada "Mellora da sustentabilidade nas empresas turísticas galegas".

Os principais obxectivos desta xornada son:

  1. A sensibilización e demostración de boas prácticas en materia medioambiental
  2. O impulso de medidas de aforro e eficiencia enerxética
  3. A difusión de ferramentas que faciliten a aplicación de melloras

Programa da xornada:

12:00 Apertura da xornada

  • Cesáreo González Pardal. Presidente do Clúster de Turismo de Galicia

12:10 Como asegurar a rendibilidade facendo un investimento de eficiencia enerxética?

  • Gerardo Rodríguez Vázquez. Director técnico de EnergyLab

12:40 A xeotermia. Que é e como utilizala

  • Manuel Eusebio Vázquez Alfaya. Enxeñeiro industrial – profesor titular da Universidade de Vigo. Mestrado en Enerxía e Sustentabilidade.

13:00 Casos prácticos de aplicación da xeotermia

  • Manuel López Portela. Presidente de ACLUXEGA e CEO de ENETRES.

13:25 Caso de éxito: Xeotermia nunha empresa turística

  • José Antonio Formoso Mourelos. Xerente do Hotel Bela Fisterra

13:40 Axudas para afrontar un proxecto de mellora da eficiencia enerxética

  • Belen Sío Lourido. Directora de ACLUXEGA

13:45 Debate

14:00 Clausura da xornada

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI