Medallas de Galicia 2026

O venres 24 de xullo o Museo Centro Gaiás acolle o acto de entrega das Medallas de Galicia 2026. A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.

Nesta edición, os galardóns homenaxean á colectividade galega no exterior e recoñecen a Claudia Álvarez, empresaria arxentina de orixe galega, que preside o grupo Álvarez Argüelles Hoteles; Beatriz Gil, fiscal xefa de Menores no cantón suízo de Argovia; Carla Angola, destacada xornalista venezolana filla dunha ourensá exiliada tras a guerra civil española; e Camila Fernández, unha das profesionais da odontoloxía máis relevantes no Brasil.

Máis información: https://www.xunta.gal/medallas-de-galicia/2026

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO