Medallas de Galicia 2022

O 24 de xullo o Museo Centro Gaiás acolle o acto de entrega das Medallas de Galicia 2022. A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.

Nesta edición, con motivo do Ano Santo extraordinario, recoñécese coa Medalla de Ouro a persoas e entidades vinculadas coa difusión do Camiño de Santiago. Recibirán a distinción o arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio; o profesor e estudoso da ruta xacobea Paolo Caucci von Saucken; a hospitaleira do albergue de peregrinos de Fisterra, Begoña Valdomar Insua; a Asociación Discamino e, a título póstumo, o primeiro comisario do Xacobeo en 1993, José Carro Otero.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta