Medallas de Galicia

O 24 de xullo o Museo Centro Gaiás acolle o acto de entrega das Medallas de Galicia 2018. A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.

"Cómprelles ás sociedades que teñen conciencia do seu ser e da súa presenza histórica, recoñecer e honrar as persoas e institucións que lles prestasen relevantes e meritorios servizos dignos de agradecemento público", explica o Goberno galego na páxina oficial dos galardóns. Este ano, as distincións recaen en María Emilia Casas Baamonde, Juan José González Rivas e Álvaro Rodríguez Bereijo. Máis información en www.xunta.gal/medallas-de-galicia/2018

INFORMACIÓN PRÁCTICA

Subes o 24 de xullo á Cidade da Cultura? Ten en conta este mapa do aparcamento sexas traballador/a no Gaiás, usuario/a das súas instalacións ou convidado/a ao acto de entrega das Medallas de Galicia.

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027