O MBA. Máster en Dirección e Administración de Empresas da Galicia Business School ofrece unha formación de posgrao como directivo e xestor de empresas, da man de profesionais e directivos de longa traxectoria profesional.
Está dirixido tanto a graduados recentes, como profesionais ou emprendedores. Conta cunha estrutura académica de 60 créditos nos que se analizan e aplican os aspectos clave da xestión de empresas en áreas de traballo como liderado e capacitación profesional, xestión e desenvolvemento de negocio, administración e finanzas, negocios dixitais, xestión de equipos ou business plan. Conta tamén con prácticas profesionais en empresas.
As clases presenciais deste MBA estanse a impartir na Sala Off da Cidade da Cultura de Galicia todos os venres en horario de 16.30 a 21.00 horas e os sábados en horario de 9.30 a 14.00 horas, dende outubro de 2017 a xullo de 2018.
























