Maker Faire Galicia - Xornada profesional

A Maker Faire Galicia, a maior feira de inventores e inventoras, dedica por segundo ano consecutivo unha xornada dirixida exclusivamente ao sector profesional, na que contará con referentes a nivel internacional no ámbito da innovación. A cita terá lugar na mañá do 23 de novembro de 9:00 a 16:00h. no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, o director de APD Zona Noroeste, Santiago Sesto, e Matilde Rodríguez Domínguez, co-organizadora da Maker Faire Galicia, intervirán na apertura desta xornada, coa que se inaugura de maneira oficial a edición 2018 da feira.

Charlas e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, o design thinking ou a innovación no ámbito da robótica e a ciencia conforman o groso dunha programación na que destacan, entre outros, os relatorios de Gael Langevin, creador do primeiro robot humanoide de código aberto; Stiven Kerestegian, xefe de Innovación e Estratexia do CIID (Copenhagen Institute of Interaction Design) ou Zoe Powell, deseñadora textil especializada na creación de bioplásticos e membro de Materiom. Zoe formará parte dunha mesa de debate sobre a importancia da tecnoloxía para redeseñar o mundo, na que tamén participará Gianluca Pugliese, da empresa Wasp, a cal creou unha impresora 3D capaz de imprimir casas por menos de 1000 euros.

No eido científico, Carmen Álvarez, licenciada e doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, falará sobre os avances da bioimpresión nunha charla na que estará acompañada por responsables de REGEMAT, empresa española especializada na impresión 3D de tecidos biolóxicos. 

Ademais, para esta xornada profesional, a organización seleccionou os 10 proxectos máis innovadores desenvolvidos por Makers, na súa maioría de Galicia, que terán a oportunidade de presentar as súas creacións ante un xurado profesional que elixirá os tres mellores. O acto rematará coa entrega de premios e unha comida networking para participantes e asistentes a cargo de O Fogar do Santiso.

Os profesionais interesados en asistir como público a esta xornada poderán inscribirse na páxina web do evento, onde teñen habilitado un formulario no cal, tras cubrir os seus datos, poderán conseguir a súa acreditación.

Para esta edición, a Maker Faire Galicia volve contar co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e do Concello de Santiago a través do programa Compostela Móvese. Tamén colabora co evento a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

 
 
Programa Xornada Profesional Maker Faire Galicia 2018
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h