LIFE REFOREST - Evento final

O mércores 30 de marzo terá lugar na Cidade da Cultura o evento final do proxecto europeo LIFE REFOREST, cuxo obxectivo é mitigar a erosión e a perda de solo en zonas afectadas por incendios forestais mediante un innovador sistema baseado en "micotecnosolos". Durante o evento, presentaranse os resultados desta investigación de I+D+i aplicada de case catro anos de duración na que participaron universidades, centros tecnolóxicos e empresas tanto de Galicia coma de Portugal.

Os "micotecnosuelos" combinan residuos orgánicos estabilizados e inoculados con fungos en estruturas tubulares de material biodegradable que se instalan en zonas queimadas, evitando a dexeneración do solo. Máis de 200 metros cadrados de superficie forestal queimada foron protexidos nesta experiencia piloto con mangas biodegradables de micotecnosolos que permitirán unha rápida recuperación da cuberta vexetal, minimizando tamén a contaminación das masas de auga próximas. 

A asistencia ao evento, en liña ou presencial, é aberta e todos os interesados poden anotarse a través do seguinte formulario. No caso de achegarse á Cidade da Cultura, as inscricións teñen de límite o día anterior ás 17.00 h ou ata completar a capacidade da sala. No caso dos asistentes en liña poderán facerse ata o mesmo comezo do encontro. 

Consorcio

O consorcio de LIFE REFOREST está integrado por CETIM Centro Tecnolóxico (líder) e as empresas galegas  Hifas da Terra, TEN Tecnosuelos e Indutec Enxeñeiros; así como o Centro de Investigación Ambiental e Mariña (CESAM) da Universidade de Aveiro en Portugal, a Asociación Forestal de Galicia e a Asociación Florestal de Portugal (Forestis). 

LIFE  REFOREST (LIFE17 ENV/ES/000248) está financiado a través do programa LIFE, o instrumento de financiamento da UE para o medioambiente e a acción climática.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta