Up: Lanza a túa empresa ao máis alto

A delegación de Aje A Coruña en Compostela organiza no mes de decembro, xunto ao Concello de Santiago, o ciclo UP: Lanza a túa empresa ao máis alto, un programa de formación gratuito que terá lugar durante seis sesións ata o 16 de decembro no Centro de Emprendemento Gaiás, na Cidade da Cultura de Santiago.

Está dirixido tanto a mozos empresarios que xa puxeran en marcha a súa actividade e queiran mellorar o su plan de negocio, como a emprendedores que aínda estean en fase de proxecto e precisan asesoramento para dar o primeir paso.

Durante as 18 horas de formación concertadas, os participantes poderán sacar partido de sesións que combinarán unha parte teórica con outra máis práctica, onde poñer sobre a mesa as posibilidades das súas propias empresas para conseguir o máximo rendemento na súa actividade.

Os profesionais que titorizarán estas xornadas abarcan todos os departamentos significativos dentro da estrutura empresarial básica: Estudo de Mercado, Comunicación, Vendas, marco lexislativo e fiscal, Innovación. Eles estarán a disposición dos participantes tanto dentro das horas de formación como fóra, onde poderán seguir en contacto para supervisar a implantación dos métodos escollidos.

 
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
1 Ago — 6 Set 2026
De martes a domingo
11 Ago 2026
Quendas entre as 10:00h e as 13:45h
12 Ago 2026
A partir das 18:30 h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
5 set 2026
De 17:00h a 20:00h