Kickoff workshop proxecto XSCAPE

O Edificio Fontán da Cidade da Cultura acolle do 29 de novembro ao 2 de decembro a Kickoff do proxecto de investigación XSCAPE - “Mentes Materiais”, que lidera o Instituto de Ciencias do Patrimonio, INCIPIT-CSIC. Este proxecto internacional, financiado pola Axencia Europea de Investigación (ERC), aborda de que modo os mundos que construímos os humanos alteran a nosa mente e a forma como procesamos a información. Ou doutro xeito: é posible que as estruturas materiais dos nosos asentamentos, edificios, paisaxes e artefactos cambien de forma activa os nosos patróns de pensamento e atención, de tal maneira que a comprensión dos cambios nos códigos materiais a través da historia permita entender a emerxencia da mente e racionalidade da especie humana?

Para responder a estas preguntas, XSCAPE reúne a un equipo único de arqueoloxía, ciencia da visión e filosofía cognitiva. Utilizando un conxunto de materiais coidadosamente seleccionados, que abarca unha variedade de culturas e unha ampla variedade de escenarios históricos e contemporáneos, o obxectivo é probar, por primeira vez, a hipótese do cambio cognitivo impulsado pola materialidade. Para iso, utilizará unha nova metodoloxía sinérxica que combina múltiples estudos de casos do mundo real con neurociencia visual de vangarda e simulacións simples baseadas en axentes.

Usando esta combinación única de materiais arqueolóxicos, neurociencia visual e estudos baseados en simulación, XSCAPE renderá un marco completamente integrado para comprender os ciclos potentes pero aínda mal entendidos polos cales os humanos creamos e transformamos as paisaxes, prácticas e artefactos que ao mesmo tempo fan e transforman as nosas mentes.

Participan xunto ao INCIPIT-CSIC neste proxecto os departamentos de Filosofía e o de Informática da Universidade de Sussez, o Instituto de Arqueoloxía Prehistórica e Protohistórica de Kiel e o Instituto de Neurociencias do CSIC.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h