O martes 5 de novembro a Cidade da Cultura acolle a 4ª Xornada de Promoción Escénica e Musical de Galicia, organizada por Escena Galega en colaboración coa tamén asociación sectorial AGEM.
Será unha xornada intensiva de 10h a 18.30h onde as entidades asociadas a Escena Galega e AGEM -Asociación Galega de Empresas Musicais- acudirán a un espazo profesionalizado de relación entre compañías, bandas de música, promotoras e distribuidoras e profesionais da programación escénica e musical, de espazos públicos e privados, para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos e actuacións musicais, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra.
A xornada conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic.
























