IV Encontro Ciber.gal

A Cidade da Cultura acolle a IV edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que se desenvolve os días 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Consolidado xa como un evento de referencia para o sector, CIBER.gal reúne a expertos, empresas nacionais e internacionais, entidades locais e á cidadanía, para abordar os retos e oportunidades da seguridade na contorna dixital.

As dúas xornadas poden seguirse de xeito presencial ou en streaming previa inscrición en https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal, tendo en conta que a asistencia presencial está limitada á capacidade do espazo. Organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coa colaboración do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a cuarta edición de CIBER.gal ofrece obradoiros, conferencias, paneis de debate, representacións teatrais e concursos de ciberseguridade organizados en tres bloques dirixidos ás administracións públicas, á cidadanía e ao tecido produtivo.

Unha das novidades que incorpora este ano CIBER.gal é a realización de demostracións de produtos, servizos ou solucións de ciberseguridade por parte dalgunhas das entidades que apoian o evento e que se realizarán de xeito paralelo ao programa principal.  

Entre outros profesionais, o encontro contará coa participación do experto en ciberseguridade Chema Alonso, así como de representantes dos socios fundadores do Nodo. Entre eles está o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), que traerá á Cidade da Cultura a experiencia  road show e un expositor de ciberseguridade adaptado a todos os públicos e que estarán abertos ata o día 8 de novembro. Ademais, David Amor achegarase en clave de humor á ciberseguridade cun monólogo.

Un ano máis CIBER.gal contará coa colaboración da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia coa posta en escena da obra Hixiénico, na que se exporán as consecuencias do cyberbulling. Tamén contará de novo coa colaboración dos coordinadores dos centros de FP de Galicia que realizarán catro talleres prácticos de ciberseguridade.

Ademais, celebrarase unha nova edición da competición Capture the Flag, patrocinada por Gradiant e habilitaranse os Espazos Técnicos de Exposición, nos que estudantes do ámbito da ciberseguridade e profesionais deste eido expoñen, de forma breve,  proxectos, ideas, traballos e iniciativas en ciberseguridade. O programa completo do evento está dispoñible no portal de Ciberseguridadegalicia.gal

A cuarta edición de CIBER.gal conta co apio dunha vintena de entidades patrocinadoras, entre as que destacan como patrocinadores VIP Gradiant e Telefónica e como patrocinadores estratéxicos  Deloitte, Abanca, Proofpoint, SIA, Crowdstrike e Check Point.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI