III Xornada Profesional da Industria Musical 2024

A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza o martes 10 de decembro na Cidade da Cultura a III Xornada profesional da Industria Musical.

O programa inclúe relatorios sobre temáticas de actualidade como as licenzas de sincronización e a súa xestión na propiedade intelectual e industrial, e os retos e oportunidades da Intelixencia Artificial para o sector. Tamén se dará a coñecer o resultado da análise DAFO realizada no marco da elaboración do futuro Plan Estratexico da Industria Musical.

A inscrición é gratuíta con reserva previa de praza a través do seguinte formulario. O prazo está aberto ata o xoves 5 de decembro ás 14:00 horas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta