III Xornada de promoción escénica e musical de Galicia

Escena Galega, en colaboración coa tamén asociación sectorial AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) organiza o martes 28 de novembro no Edificio CINC da Cidade da Cultura a 3ª Xornada de Promoción Escénica e Musical de Galicia.

Será unha xornada intensiva de 10 a 18.30h onde as entidades asociadas a ambas organizacións acudirán a un espazo profesionalizado de relación entre compañías, bandas de música, promotoras e distribuidoras e profesionais da programación escénica e musical, de espazos públicos e privados, para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos e actuacións musicais, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra.

A organización destaca a participación de case un 40% máis de profesionais da programación que a pasada edición, 46 en total incluídos 7 espazos de Portugal.

A realización desta xornada é posible grazas ao apoio e colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, a Cidade da Cultura e o patrocinio de Cafés Candelas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta