III Scratch Day

Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e persoas interesadas na formación, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organizará o vindeiro día 27 de maio o evento Scratch Day 2017 no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

Diríxese fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, que xa tiveran traballado con Scratch, e que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da programación de robots a través de Scratch.

A implicación e a concienciación dos pais neste ámbito servirá de apoio para que os rapaces se sintan atraídos cara a programación informática.

Ademais, en paralelo, impartirase un obradoiro tamén de programación de robots a través de Scratch, destinado fundamentalmente a persoas interesadas en formar a rapaces.

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta