O Foro Internacional de Espazos para a Cultura volve á Cidade da Cultura os días 15 e 16 de novembro de 2013 baixo o título A Revolución dos Festivais Artísticos, que centrará a súa atención na capacidadede transformadora de certos eventos sobre unha cidade e a súa comunidade.
Ponentes participantes: David Binder (Productor), María Sheila Cremaschi (Hay Festival, Segovia), Hortense Archambault (Festival D’Avignon), Jesús Cimarro (Festival Internacional de Teatro de Mérida), Francisco Martín (La Mar de Músicas) e Jonathan Mills (Edinburgh International Festival). Consulta o dossier na zona de descargas.
Moderadores: Andrés Lacasa, xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia; Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña; María Solar Núñez, xornalista da CRTVG; Julio Gómez, director do Festival Sinsal Audio; e Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego.

1.23 MB |