Francisco Martín Peñas

Paco Martín Peñas, natural de Cartaxena, leva toda a súa vida profesional dedicado ao mundo da Xestión Cultural. Proba diso é que é, dende hai 33 anos, Director do Cartagena Jazz Festival; dende hai 25 anos, da programación teatral do Novo Teatro Circo de Cartaxena; dende hai 18, programador da sección “Otras Músicas” do Auditorio Rexional de Murcia; e dende hai 20, Director do festival La Mar de Músicas, que se celebra en Cartaxena durante o mes de xullo en varios dos recintos e espazos urbanos máis emblemáticos da cidade murciana —é, sen dúbida algunha, un dos eventos con maior proxección internacional do noso territorio, que a través da súa programación musical e outras actividades paralelas, dá acceso a unha gran diversidade cultural existente no noso planeta e xeralmente descoñecida—.

Foi asemade, director do festival MuDanzas~Encuentros con la Nueva Danza e un dos integrantes de Mestizo, asociación que se creou a principios dos anos 90 en Murcia, para a difusión da cultura.