Obtivo a Licenciatura Superior en Historia pola Universidade de París-Sorbonne (1994) e un DESS en Xestión Cultural da Universidade París-Dauphine (1994). En 1994 comezou a traballar no Festival d’Avignon coma axudante de produción con Vincent Baudriller. En 1995 foi nomeada xerente do Théâtre de l’Opprimé e da compañía teatral de Augusto Boal. De 1995 a 1999 foi directora de produción do Etablissement Public du Parc e na Grande Halle de la Villette en París.
En 1999 volve ao Festival d’Avignon coma directora administrativa, e en 2003 foi nomeada directora con Vincent Baudriller. A edición deste ano foi a última para ambos. Con eles, o evento adquiriu un aire máis contemporáneo, grazas en parte aos numerosos artistas internacionais, convidados con regularidade. Para darlle un toque final de beleza, Hortense Archambault e Vincent Baudriller convidaron a varios deses artistas a volver para presentaren unha produción dun único serán —Guy Cassier, Jan Fabre e Alain Platel formaron parte desta función de clausura—.
+ info: www.festival-avignon.com