III Edición Selos de calidade medioambiental ADEN

A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos, ADEN, celebra o día 20 de outubro na Cidade da Cultura a entrega dos III Selos de Calidade Medioambiental cos que distingue a aquelas empresas asociadas e pequenos comercios que acrediten o seu labor no tratamento dos residuos, especialmente os Residuos en Aparatos Eléctricos e Electrónicos (RAEE), en liña cos obxectivos da Axenda 2030.

Dentro da política de incentivación da reciclaxe e preservación do medio ambiente preténdese establecer un sistema que permita, dunha parte, coñecer as empre­sas que se distinguen pola súa defensa do medioambiente e, doutra, premiar dalgunha maneira dita actitude. Estes recoñecementos e galardóns, que poderán exhibir nos seus puntos de venda, acreditan as súas boas prácticas na xestión de RAEE.

A entrega das distincións terá lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura e contará coa participación de Leandro Fernández Macho, formador especializado en liderado e xestión do cambio nas organizacións e nas persoas, que impartirá a charla "SUMAS: a ciencia da actitude para avanzar". Intervirán tamén autoridades e o presidente de ADEN, Javier González Pereira.

 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI