III Congreso Internacional de Criminalística Aplicada. Intelixencia e terrorismo

INICA é un centro de formación dedicado a impartir cursos de criminoloxía e criminalística, pertencente a Inpeval. O Instituto Internacional de Criminalística Aplicada, INICA, conta coa colaboración das máis importantes figuras da criminoloxía, a psicoloxía forense e a investigación criminal do país.

A criminoloxía é unha disciplina multidisciplinar que se caracteriza pola súa incidencia social nun contexto onde se estuda tanto á vítima como ao delincuente. Os cursos de formación teñen como obxectivo formar profesionais desde unha perspectiva multidisciplinar e especializada, capaces de comprender os diferentes aspectos relacionados co feito criminal, de utilizar diferentes técnicas e instrumentos para a intervención cos delincuentes e as vítimas, así como coñecer estratexias para a prevención do delito.

A criminalística é a ciencia da investigación criminal. Gross definiuna como a "disciplina encamiñada á determinación da existencia dun feito criminal, á recollida de probas e indicios e á identificación dos autores mediante a aplicación de métodos científicos de laboratorio, así como á elaboración dos Informes Periciais correspondentes".

Programa

  • 10.30H .- Entrega da Medalla ao Mérito Profesional e Académico aos galardoados. 
  • 11.30H .- Mesa Redonda: Terrorismo Internacional e Seguridade Nacional. A prevención da ameaza terrorista na aviación civil. 
  • 12.30H .- Os perfís psicolóxicos dos terroristas. 
  • 13.15H .- As actuacións periciais en materia de balística e explosivos. 
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI