Entre os días 20 e 23 de decembro terá lugar na Cidade da Cultura o III Congreso da Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP).
O encontro centrarase na figura do director como figura educadora, xestoria de grupos e de emocións. Tamén se dedicará tempo para que os instrumentistas teñan parte de protagonismo, igual que as directivas, que terán charlas destinadas exclusivamente a elas.
O encontro desenvolverase ao completo na Cidade da Cultura de Galicia con entrada gratuita e rematará o venres 23 de decembro ás 20:00 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, cun concerto conxunto da Banda Sinfónica Galega e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026

























