O grupo de investigación Ictus Traslacional TREAT en colaboración co Club Aromon de Pontevedra e Dano Cerebral Galicia organiza o 27 de setembro a III Carreira de Orientación Solidaria polo Ictus. A proba deportiva, que se celebrará na Cidade da Cultura, é totalmente aberta a persoas con ou sen experiencia de calquera idade (nenas e nenos incluídos).
A inscrición é gratuíta e pode realizarse cubrindo o formulario dispoñible en liña: https://forms.cloud.microsoft/e/sGwX9wgjNt (data límite 15 de setembro ás 23:59 h ou ata esgotar as 300 prazas dispoñibles). A saída da proba será o 27 de setembro ás 10:30 h.
A inscrición inclúe unha camiseta conmemorativa do evento e haberá premios para os tres primeiros clasificados das tres categorías, ademais dun sorteo entre todas as persoas participantes que inclúe lotes de produtos locais, comida/cea en restaurantes, packs de cosmética, etc.
Máis información na web da Federación Galega de Orientación (FEGADO).






















