A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) co patrocinio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración da Xunta de Galicia organiza a II Xornada profesional da industria musical o 21 de decembro na Cidade da Cultura, onde abordarán cuestións como boas prácticas e sostibilidade, a modernización da normativa para a organizaicón de eventos de música ao vivo e festivais, e o financiamento e incentivos fiscais no ámbito da música ao vivo.
A inscrición é de balde ata completar as prazas dispoñibles. Pode realizarse para unha ou varias sesións do programa da xornada a través deste formulario e ata o 20 de decembro de 2023. O programa completo pode consultarse na web de AGEM.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 14 xul - 31 ago

























