O Foro Galego Local de Economía Circular quere servir de espazo de intercambio de experiencias, boas prácticas e coñecemento entre as entidades locais galegas.
O Foro, que ten natureza permanente e se desenvolverá a través de sesións periódicas ao longo do ano, ten a finalidade de identificar as necesidades e boas prácticas das entidades locais galegas no marco da aplicación dos novos obxectivos de economía circular. A segunda sesión terá lugar os días 13 e 20 de xuño de 9 a 15 horas no Edificio CINC da Cidade da Cultura, nunhas xornadas dirixidas a cargos electos e técnicos municipais e centradas na repercusión da Lei de Residuos.
Ao mesmo tempo, o Foro constitúese como unha vía para a divulgación de coñecemento entre as entidades locais galegas sobre as esixencias normativas e de xestión implícitas na nova regulación de residuos, e como espazo colaborativo para dar resposta a problemas comúns na xestión local de residuos.
























