II Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2018

O martes 27 de novembro ás 18:00 horas terá lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura o acto de entrega dos II Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2018, convocados pola Xunta de Galicia.

O obxectivo dos premios é o impulso á excelencia da arquitectura e da rehabilitación en Galicia, recoñecendo a calidade das edificacións rematadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, tanto de obra nova como de rehabilitación. Especial mención merecen os premios especiais de sustentabilidade e á traxectoria profesional. O primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co medio ambiente en consonancia cos programas europeos e o Horizonte Europa 2020. O premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento á especial contribución á arquitectura no territorio galego.

Nesta segunda convocatoria presentaráronse un total de 32 propostas (16 ao Premio galego de arquitectura; 12 ao premio galego de rehabilitación e 4 ao premio especial á sustentabilidade).

Os gañadores nos II Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2018 son:

  • Arquitectura: Campus da Auga (Ourense), Edar de Vigo e instalacións de Finsa en Santiago.
  • Rehabilitación: recuperación da antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago, na que se instalou o Centro de Referencia de Formación en rehabilitación.
  • Sustentabilidade: instalacións de Norvento no parque empresarial das Gándaras (Lugo), un edificio autónomo enerxética mente, non conectado á rede.
  • Traxectoria profesional: Javier Suances, arquitecto e antigo profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, é autor de importantes proxectos na provincia de Ourense como a construción de vivendas sociais na década dos 80 no Carballiño, o deseño do Convento das Carmelitas Descalzas ou a rehabilitación do Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h