O 14 de xaneiro de 2022 celébrase o II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 (RIS3), un evento aberto a todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i co que se pechará o proceso participativo celebrado nos últimos meses.
Neste II Foro da RIS3 convídase ao tecido empresarial e de coñecemento, ao sector público e á cidadanía a facer unha reflexión final sobre as prioridades de Galicia para esta década e sobre como deseñar as misións da política de I+D+i.
Durante o evento compartiranse os primeiros resultados do proceso participativo da RIS3 de Galicia 2021-2027. Esta Estratexia marcará o camiño da innovación na nosa Comunidade e constituirá unha panca fundamental para impulsar a competitividade da rexión consolidando un modelo de desenvolvemento económico, social e industrial sustentable e baseado no coñecemento.
O Foro estará presidido polo vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e contará coa intervención da directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, así como de representantes de organismos da Adminitración galega, de empresas e de centros tecnolóxicos e de coñecemento.
























