II Feira de proxectos PITEAS 2018

O programa Piteas, de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento, promovido pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería e coa participación da Unidade de Altas Capacidades da USC, organiza a súa feira de proxectos.

Celébrase o 4 de maio no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en horario de 16.00 a 20.00 horas. A entrada é libre e o aforo limitado. Ás 16.00 horas, o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, acompañado da vicepresidenta da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías, e da directora de Programas, Carmen Arias Romero, visitará os stands da II Feira de Proxectos Piteas.

Piteas nace como un proxecto de mellora da formación do profesorado e de apoio e asesoramento aos centros educativos na detección e educación do talento do alumnado. Trátase dun programa baseado en modelos científicos recoñecidos a nivel internacional e adaptados á realidade educativa, económica e cultural de Galicia.

Máis información no web do CAFI e da Fundación Barrié.

Pode consultarse online o programa da xornada

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027