A Universidade de Santiago de Compostela organizar a II edición da súa Feira de Innovación, que terá lugar os vindeiros 27 e 28 de novembro na Cidade da Cultura.
O evento servirá para achegar á cidadanía a oferta formativa, investigadora e de transferencia de coñecemento da universidade compostelá así como a súa aposta por difundir a cultura emprendedora entre os estudantes universitarios.
Entre as actividades que poderán atopar os visitantes ao longo dos dous días atópase un espazo de atención ao estudantado para a resolución de dúbidas e ampliación de información relacionada coas titulacións da USC e a súa oferta de servizos; exhibicións e demostracións de carácter interactivo para achegar aos visitantes exemplos dos proxectos de investigación nos que a USC está a traballar; información e demostracións de toda a oferta deportiva e cultural dispoñible para o estudantado; exposición de contidos vencellados a proxectos de Aprendizaxe-Servizo relacionados coa innovación educativa e a responsabilidade social e difusión das accións de voluntariado que a USC ten en marcha; e unha exposición do amplo inventario de publicacións da Editorial máis antiga de Galicia.
O evento contará tamén co seguinte programa de relatorios divulgativos por parte de profesorado da USC:
Mércores 27 de novembro:
- 10:00 - 10:30. Dos fundamentos ás aplicacións: para que serve a Física de Partículas?. Néstor Armesto. Investigador do IGFAE. Facultade de Física
- 10:30 - 11:00. Innovación e desafíos da robótica. Roberto Iglesias.Profesor na EPSE
- 11:00 - 11:30. Innovación dende o mundo molecular. Diego Peña. Investigador do CiQUS. Facultade de Química
- 11:30 - 12:00. Vixiando a costa: a subida do nivel do mar desde o aire e o espazo. Ramón Blanco. Profesor de Xeografía Física. Facultade de Xeografía e Historia
- 12:00 - 12:30. Enxeñaría química para o aproveitamento de augas residuais. Francisco Omil.Catedrático de Enxeñaría Química. Instituto CRETUS. ETSE
- 12:30 - 13:00. A Cloaca máxima da antiga Roma, a marea negra do Prestige e Greta Thunberg. Para que serve o Dereito ambiental? Alba Nogueira. Catedrática de Dereito Administrativo. Instituto CRETUS. Facultade de Dereito
- 13:00 - 13:30. Intelixencia Artificial explicable: facilitando a comunicación entre máquinas e persoas. Alberto Bugarín. Catedrático de Electrónica e Computación. CiTIUS. ETSE
- 13:30 - 14:00. Que nos queda por aprender? O papel da educación no S.XXI. Alexandre Sotelino. Profesor de Pedagoxía e Didáctica. Facultade de CC da Educación
Xoves 28 de novembro:
- 10:00 - 10:30. Voluntariado en Saúde Mental, un proxecto de inserción sociolaboral. Carlos Martínez Uzal. Coordinador da Asociación Itínera
- 10:30 - 11:00. Descubrimentos extraordinarios: células pluripotentes inducidas e novos desafíos. Eva María Candal. Profesora de Bioloxía Celular. Grupo Neurodevo. Facultade de Bioloxía
- 11:00 - 12:00. Tecnólogas na USC. Innovación desde a perspectiva de xénero. Eva Cernadas e Dora Blanco. Profesoras de Electrónica e Computación. CiTIUS. ETSE
- 12:00 - 12:30. Fármacos: Innovar para curar. Mabel Loza. Catedrática de Farmacoloxía. CiMUS. Facultade de Farmacia
- 12:30 - 13:00. Os superpoderes da Química. José Luis Mascareñas. Catedrático de Química Orgánica. Director do CiQUS. Facultade de Química
- 13:00 - 13:30. Innovación en modelos de negocio de Economía Circular. Ángeles Pereira. Profesora de Economía Aplicada. Instituto CRETUS. Facultade de CC Económicas e Empresariais
- 13:30 - 14:30. Concurso de ideas USC. Presentación dos proxectos finalistas, ditame do Xurado e entrega de premios























