II Cultivando o Emprego. Semente para a Inclusión

Despois de tres anos de presenza en Galicia, Acción contra el Hambre organiza a II edición da xornada Cultivando o emprego, semente para a inclusión. Será o mércores 25 de setembro na Cidade da Cultura.

O evento ten como obxectivo dar a coñecer os programas que a entidade está a desenvolver en Galicia ao amparo do Proxecto Vives Emprende, así como os resultados obtidos, presentar ás entidades colaboradoras e compartir impresións cos seus e as súas protagonistas; compartindo experiencias, leccións aprendidas e posibilidades de transferibilidade.

Trátase dun encontro dinámico e participativo, onde coñecer de primeira man en qué consisten as iniciativas de Acción contra el Hambre e o impacto que as accións desenvolvidas están a ter nas persoas beneficiarias.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI