O II Congreso Nacional de Formadores, Trainers for the Future, celébrase os días 5 e 6 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase do primeiro congreso nacional organizado por e para a comunidade de formadores de España, no ámbito da formación para o emprego, a formación continua e o lifelong learning.
Concebido como punto de encontro para formadores, profesionais de RRHH e autores de contidos didácticos, os participantes poderán coñecer as últimas novidade do sector, crear novas relacións con outros profesionais e entidades e manterse actualizados e conectados co presente e o futuro da docencia na empresa e para o emprego.
O congreso conta con dous espazos permanentes de exposición, ponencias impartidas por expertos de ampla traxectoria a nivel nacional, foros, obradoiros e actividades complementarias para mellorar os coñecementos dos asistentes, ampliar redes de contactos e potenciar a imaxe de profesionais e empresas. Gamificación, Innovación docente ou Xeración de Contidos didáctivos serán algúsn dos temas que sobre os que poderán aprender e inspirarse.
Na web de Trainers for the Future está dispoñible a axenda completa de actividades e a relación de conferenciantes que participarán nesta edición. Ademais, ata o día 18 de setembro é posible inscribirse cun desconto sobre a tarifa xeral para asistir ao Congreso.
MÁIS INFO:























