II Congreso estatal de Educación de Persoas Adultas

A Xunta de Galicia e o Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF) organizan o II Congreso estatal de Educación de Persoas Adultas (Congreso EPA), que se terá lugar os días 11 e 12 de marzo no Edificio Fontán na Cidade da Cultura.
 
Esta segunda edición do Congreso EPA pon énfase en xerar dinámicas para reforzar a idea de comunidade xa presente no I Congreso e facela frutificar. Deste xeito, xunto ás conferencias plenarias, as mesas redondas, a difusión de comunidades xa existentes (Escolas Amigas, Escolas Coordinadas, Asociación de Centros Penais, etc.) e o amplo catálogo de Boas Prácticas en educación formal e non formal, durante os dous días de congreso programaranse espazos para favorecer a interacción, tanto na modalidade presencial como na modalidade virtual, que poidan desembocar na creación e posta en marcha de novas comunidades: networking  carousel, café networking e un laboratorio de proxectos simultáneos en que se convidará aos participantes para compartir ideas en pequenos grupos e esbozar resultados comúns en base a temáticas eixo.
 
O II Congreso EPA é unha actividade formativa certificada polo INTEF, que se desenvolve a través dun formato híbrido (presencial/en liña), co obxectivo de abrir novos foros de participación e reflexión colectiva que nos acheguen un pouco máis ao ben coñecido Obxectivo 4 de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos.
 
Máis información e inscricións na web do II Congreso EPA.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI