II Congreso de Igualdade e Recursos Humanos de Servizos Públicos de Saúde

O II Congreso de Igualdade e Recursos Humanos de Servizos Públicos de Saúde busca reunir a persoas con responsabilidades en políticas de persoal, formación , xestión e políticas de igualdade no ámbito sanitario público e privado, nacional e internacional, continuando co camiño iniciado en Barcelona durante o Congreso celebrado fai un ano.

Nesta segunda edición o evento terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro, en dúas sedes en Santiago de Compostela. As xornadas dos días 29 de novembro e 1 de decembro serán no Centro Galego de Arte Contemporánea, mentres o día 30 de novembro as actividades serán na Cidade da Cultura.

O evento comparte a filosofía de axuntar obxectivos e ser ademais un punto de encontro de todas as persoas implicadas no sector sanitario dende as distintas administracións públicas e tamén do sector privado, para poñer en común experiencias e desta forma compartida buscar solucións aos retos cos que se enfronta a sanidade do futuro próximo.

O Servizo Galego de Saúde, como entidade organizadora deste segundo Congreso, pretende tratar aquelas materias que preocupan e que son condicionantes actuais en sanidade: políticas con perspectiva de xénero e igualdade, benestar emocional do persoal, liderado motivador, experiencias de éxito en atención primaria ou retención do talento.

Máis información na web do congreso

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI