I Xornadas AGAIA

A Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA) está a organizar as súas I Xornadas que consistirán na presentación de comunicacións orais e en formato “poster” sobre os avances da investigación dos grupos que desenvolven a súa actividade nas tres universidades galegas e no norte de Portugal, ademáis dos centros tecnolóxicos, organizacións públicas e empresas.

Dando cumprimento ao seu compromiso estatutario de promover o desenvolvemento, a difusión e a transferencia do coñecemento das augas continentais galegas, as xornadas non se limitan aos socios de AGAIA senón que pretenden estender a participación a todos aqueles que desenvolven diferentes liñas de investigación relacionadas coa auga doce en Galicia. Nestas I Xornadas preténdese ademais fomentar a participación das persoas que estean a comezar a súa carreira investigadora desde calquera ámbito do coñecemento.

Máis información sobre as xornadas e cómo inscribirse no web www.agaia.org.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta