I ForoactivIDADE

O mércores 21 de novembro a Cidade da Cultura acolle o 'I Foro activIDADE: alimentación e envellecemento activo', un espazo de encontro no que confluirán persoas expertas, axentes sociais, entidades e iniciativas para compartir os seus puntos de vista sobre a alimentación, os hábitos de vida saudable e o envellecemento.

O foro está estruturado en diferentes bloques. O primeiro é unha mesa redonda na que representantes de diversas entidades e da administración abordarán experiencias e boas prácticas na nutrición para unha vida san. O segundo bloque abordará, a través de cinco intervencións breves, diferentes temas como as novas tecnoloxías ou a Rede Española de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores.

Na xornada tamén se darán a coñecer iniciativas específicas que traballan en aumentar o benestar, a autonomía e a calidade de vida das persoas maiores; así como información sobre o traballo das entidades participantes que fomentan o envellecemento activo e os hábitos de vida saudables como a mellor ferramenta para previr situacións de dependencia.

O 'I Foro activIDADE: alimentación e envellecemento activo' é unha iniciativa da Unión de Consumidores de Galicia coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e de Mercadona.

O programa completo da xornada pode consultarse neste enlace.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h