I Foro Retail Galicia. INCOGA INspira

O I Foro Retail Galicia. INCOGA Inspira reúne en Santiago ao sector do retail e contract de Galicia

A industria do retail e contract de Galicia reúnese o 11 de outubro no 'I Foro Retail Galicia. INCOGA Inspira', no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Baixo o título 'O retail dos cinco sentidos' e coa organización de INCOGA Smart Building, trátase do primeiro encontro sectorial deste tipo celebrado en Galicia, que reunirá a arquitectos, deseñadores, construtores e outros profesionais do sector.

No evento, que será clausurado polo Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco José Conde López, participarán destacadas empresas de retail e contract, como Teresa Sapey Studio, Merlin Properties, INCOGA Smart Building, Adolfo Domínguez, Food Box, Caixabank, Alve Iluminación, Aluman e Trison.

Na primeira edición deste foro analizarase a folla de ruta que debe seguir a superficie de venda física para adaptarse ás tendencias actuais e potenciar o seu valor diferencial mediante un proceso de compra experiencial, a través das presentacións de oito relatores de primeiro nivel creadores de experiencias de marca en retail e contract.

Con máis de 8.000 proxectos chave en man en máis de 600 cidades de todo o mundo, Galicia sitúase como un referente internacional na industria do retail e contract. Arquitectos, deseñadores, construtores e máis de 100 empresas cooperan para conseguir a excelencia e a innovación.

A inscrición neste I Foro Retail Galicia. INCOGA Inspira está aberta a todos os profesionais de forma gratuíta a través da web www.incogainspira.com.

 

Acerca de INCOGA Smart Building

INCOGA Smart Building é unha empresa construtora multinacional cun método de traballo único chamado Smart Building e baseado en Léana Construction. Este método é o corazón do noso modo de traballo e a fonte de como convertemos a construción nunha actividade sen incertezas e eficiente.

Especializada en Retail, Industria, Habitat e Servizos públicos, Incoga traballa en 14 países de 3 continentes, prestando servizos integrais 360º nestes segmentos.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027