Os vindeiros 27 e 28 de novembro Galicia acollerá o I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, co obxectivo de seguir impulsando a Compra Pública de Innovación (CPI) como un instrumento que permite o desenvolvemento de solucións innovadoras que dean resposta aos retos e necesidades da sociedade. A nosa Comunidade é referente a nivel europeo en Compra Pública Innovadora —aglutinou o 40% do investimento total en proxectos de CPI en España no periodo 2007-2013 e ten recibido numerosos recoñecementos neste ámbito— e busca agora posicionarse como referente en Iberoamérica, establecendo unha relación estable entre España e América neste campo.
O obxectivo do foro é chegar a todos os axentes que participan nos procesos de innovación no sector público, entendendo este proceso como un exemplo de colaboración público-privada e relación entre diferentes áreas do goberno:
- Funcionarios públicos: persoas que traballan en áreas de adquisicións e compras da Administración.
- Promotores de innovación: entidades que se encargarán de deseñar e implementar accións que fomenten a I+D+I empresarial.
- Tecido empresarial innovador: empresas que provén ou teñen potencial para prover á Administración pública de produtos e servizos innovadores. Inclúe clústeres e entidades empresariais.
- Empresas tractoras: empresas que polo seu tamaño e impacto no mercado poden requirir solucións innovadoras e co-desenvolvelas co tecido empresarial innovador.
O enfoque do evento será totalmente disruptivo, incorporando unha combinación de diferentes formatos como charlas inspiradoras, mesas de debate, obradoiros e smart speeches. Estará deseñado de forma práctica para que todos os asistentes interactúen e centrado no desenvolvemento de habilidades para innovar que faciliten o cambio cara a unha cultura da innovación pública.
As persoas interesadas en asistir poden consultar o programa aquí e inscribirse a través deste enlace.
| 2.44 MB |






















