I Foro Green Value 4 Food

Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza a primeira edición do Foro GREEN VALUE 4 FOOD, unha iniciativa a prol do desenvolvemento sostible e circular da cadea de valor alimentaria, o 25 de xaneiro, en horario de mañá, no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia.

A través das perspectivas dun panel de relatores de primeira categoría, o encontro servirá para abordar a sustentabilidade alimentaria dende todas as perspectivas de interese actual para as empresas e profesionais do sector da alimentación e das bebidas.

O Foro arrancará cunha apertura institucional que permitirá afondar nas políticas públicas para a transición verde, e que dará paso a un relatorio e tres mesas redondas que debullarán polo miúdo o compromiso sostible das empresas, o impacto ambiental do sector alimentario e as estratexias para a transición verde.

Impacto positivo en procesos produtivos, sustentabilidade no consumo e na cadea de valor, valorización de residuos, ecodeseño de produtos alimentarios, pegada ambiental, capital natural, finanzas sostibles e bonos verdes son só unha mostra das cuestións nas que o Foro GREEN VALUE 4 FOOD pretende afondar nesta primeira edición.

O encontro, que constituirá unha excelente ocasión para o networking e o estudo de oportunidades de colaboración entre os distintos axentes do sector da alimentación, será tamén un espazo expositivo, contando cunha mostra de Solucións sostibles para o Ecosistema Alimentario.

GREEN VALUE 4 FOOD é unha iniciativa de Clusaga que conta co Patrocinio Ouro da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; e co Patrocinio Prata de ABANCA. Asimesmo, INSURE.Hub, a plataforma internacional para a innovación sostible da que Clusaga forma parte, participa neste evento como colaboradora.

Máis información e inscricións na web de Clusaga.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI