I Foro Competemar 2025

O venres 14 de novembro, o Cluster Alimentario de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar, organiza o I Foro de Competemar no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. Este encontro estará destinado a reforzar a competitividade e a proxección internacional do sector mar-industria galego e reunirá directivos de empresas do sector, representantes da administración pública, expertos en internacionalización, marketing e innovación, así como consultores e profesionais de análise de mercados. Ao longo da xornada abordaranse temas como a innovación, a internacionalización, a estratexia de marca e a relación cos consumidores, combinando relatorios, mesas redondas, debates e espazos de networking que permitirán o intercambio de experiencias e boas prácticas.

A xornada arrancará co relatorio “Claves para o futuro do mar-industria galego: innovación, competitividade e apertura ao mundo”, a cargo de Cándido Rial, Director Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, e Isabel Cañas, presidenta da Comisión Mar-Industria da CEG e membro da Xunta Directiva de Clusaga, quen ofrecerán unha visión inspiradora dos retos e oportunidades que enfrenta o sector.

Internacionalización: logros e retos

Seguirá unha mesa redonda titulada “A visión das empresas: estratexias e camiños na internacionalización”, moderada por Luz Martínez, Xestora da Área de Mercados e Internacionalización de Clusaga, na que Carolina Lumbreras, Export Manager de Nauterra, Iago Conde, Director Comercial e Marketing de Real Conservera, e Brais Peixoto, Export Development en Cabomar, compartirán as súas estratexias, experiencias reais e aprendizaxes obtidas nos procesos de expansión internacional.

Tras un café networking, o foro continuará co panel “Análise da internacionalización e impacto dos programas de apoio ao sector mar alimentario galego”, no que Roberto Alonso, Director de Clusaga, Ramón Damián Fernández, Xefe do Servizo de Mercados da Consellería do Mar, e Laura Sanjuán, Coordinadora de Proxectos de Internacionalización en EOSA, analizarán os resultados do programa Competemar e as conclusións do estudo de internacionalización do sector, reflexionando sobre logros, necesidades e perspectivas futuras.

O programa inclúe tamén unha mesa redonda sobre “Estratexia de marca e innovación: conectando produtos do mar cos consumidores” e pecharase recollendo as principais conclusións e abrindo novas oportunidades de apoio ao sector nun acto de clausura ao que seguirá un cóctel networking que permitirá compartir ideas e establecer contactos entre profesionais, entidades e empresas do ecosistema mar-industria.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h