Xornada para a promoción e difusión das boas prácticas en dirección e xestión de proxectos baixo o enfoque do PMI (Professional Management International).
Con este evento, o PMI Galicia Spain Chapter quere darse a coñecer, á vez que comezar a compartir boas prácticas e experiencias de profesionais relacionados coa xestión de proxectos de distintos sectores. O PMI Galicia Chapter nace con vocación multisectorial e co obxectivo de ser un polo que potencie a profesión de xestión de proxectos no ámbito galego.
Esta entidade proponse complementar as actividades de formación en xestión de proxectos con outras accións a nivel rexional que manteñan vivo o interese na profesión e contribúan a xerar unha rede de profesionais. Así pois este evento nace con vocación de continuidade e de converterse nun foco para compartir experiencias, ideas e boas prácticas a nivel galego e español.
- 09:00h-09:30h. Benvida e presentación do PMI Galicia Spain Chapter
- 09:30h-10:10h. Ponencia Profesional/Caso Práctico
- 10:15h-10:35h. Ser membro de PMI e PMI Galicia Spain Chapter: Vantaxes
- 10:40h-11:30h. Xestión de Proxectos: un xogo moi serio
- 11:30h-12:00h. Pausa Café e Networking
- 12:00h-12:40h. Extendiendo a Xestión de Proxectos a Negocio
- 12:45h-13:25h. Unha perspectiva cultural da xestión de interesados
- 13:30h-14:15h. Mesa Debate sobre a Profesión de Xestión de Proxectos
- 14:15h-14:30h. Clausura
























