A Xunta de Galicia, a través do CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, promove o I Congreso de innovación educativa e dixital, que terá lugar o día 10 de maio no Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Entre outras actividades, o congreso contará con relatorios de Andreas Schleicher, director de educación da OCDE, e Linda Liukas, programadora informática, escritora infantil e instrutora de programación, autora da serie de libros "Hello Ruby".
Ademais das conferencias, o programa inclúe obradoiros de diversas temáticas, como robótica e impresión 3D, audiovisuais e simulación, xogos dixitais, drons ou realidade virtual e aumentada. A xornada está dirixida ao profesorado dos centros educativos e céntrase especialmente nas competencias dixitais e no Plan Dixital de Centro. Poderá seguirse parcialmente de maneira remota mediante emisión en directo pola canle de Youtube da Consellería de Cultura, Educación e Uiversidade premendo na seguinte ligazón.




























