I Carrera solidaria 'Ponte na súa pel'

O martes 21 de maio a partir das 20.00 horas celebrarase na Cidade da Cultura de Galicia, a I carreira solidaria Ponte na sua pel, evento completamente gratuito cun fin solidario.

Por cada participante que logre concluír a proba, a compañía farmaceútica Bristol- Myers Squibb dorará 10 € á Asociación Melanoma España para a loita contra o cancro de pel.  Poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición nos prazos indicados. O control da proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo. PERCORRIDO: A carreira disputarase sobre un circuíto de 2,5 km de percorrido nos arredores da Cidade da Cultura de Galicia. A saída e meta da carreira situarase na Praza Central, á beira das Torres Hedjuk.

RETIRADA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse o día da proba no lugar de saída / meta ata 30’ antes do inicio da proba nun lugar habilitado para iso.  A organización habilitará un servizo de ROUPEIRO para quen desexe utilizalo.

AVITUALLAMENTO: líquido e sólido na zona de meta por cortesía dos patrocinadores.

PREMIOS:

  • Trofeo para os/as tres primeiros/ as clasificados/ as absolutos da proba.
  • Trofeo para os/as tres primeiros/niveis clasificados/ as de cada categoría establecida no presente regulamento.
  • Os TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS de forma que ningún participante poderá recibir 2 trofeos.

 

 
 
Cartel I Carreira Solidaria Ponte en su piel
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta