Hubs de Innovación Dixital: novos marcos de colaboración

A Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada de presentación dos Hubs de Innovación Dixital, como un dos principais instrumentos previstos no Plan Galicia Innova 2020 para dinamizar a innovación e que implica un novo marco de colaboración público-privada, aberta e intelixente.

Estes Hubs van permitir aproveitar plenamente as capacidades tecnolóxicas e potenciar a innovación empresarial, identificando, transferindo e valorizando o coñecemento e poñéndoas en relación coas necesidades do tecido industrial. Os Hubs estarán orientados a prestar servizos para a creación de valor empresarial, priorizar tecnoloxías estratéxicas e disruptivas, transferir o coñecemento e facilitar o acceso ao financiamento.

Durante a xornada, presentarase a estratexia da Xunta de Galicia para a creación destas estruturas de colaboración, o seu papel no ámbito europeo, así como amosar casos de Hubs de Innovación Dixital en funcionamento en Europa.

O programa e o formulario de inscrición están disponibles nesta ligazón.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027