Homenaxe a Xosé Neira Vilas

A Cidade da Cultura de Galicia acolle un acto de homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas, data exacta na que se cumpren 55 anos desde a publicación de Memorias dun neno labrego, novela que foi publicada en Arxentina en 1961 pola editorial Follas Novas e que, a día de hoxe, é considerada a novela más lida e traducida das letras galegas.

Coincidindo con esta efeméride, o auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia recibirá o nome de 'Auditorio Xosé Neira Vilas' nun pequeno ano acto que contará coa presenza da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Luis Reimóndez; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; e o secretario xeral de Emigración, Antón Rodríguez Miranda.

Hugo Domínguez Conde, un alumno de 9 anos do CRA de Boqueixón (Vedra), veciño de Neira Vilas, será o encargado de abrir o acto coa lectura do inicio de Memorias dun neno labrego. E Roi Casal interpretará con arpa acústica dous poemas de Xosé Neira Vilas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h