Historias na encrucillada | Visitas relatorio a 'Galicia, un relato no mundo'

A través do ciclo Historias na encrucillada, todos os sábados pola mañá a partir do 14 de decembro o público poderá mergullarse dun xeito diferente na exposición Galicia, un relato no mundo, afondando nunha etapa histórica ou temática concreta da man de grandes expertos nesa materia. Aspectos como a II Guerra Mundial, as invasións vikingas, a Galicia galaicorromana ou a Idade Media e o Camiño de Santiago serán protagonistas deste programa de visitas, todas elas de balde, que desenvolve a Cidade da Cultura ata a clausura da exposición o 12 de abril.

Cada sábado -agás Nadal, Entroido e Semana Santa-, o público terá así a oportunidade de descubrir a mostra cunha óptica diferente, a través dunha visita en sala a modo de conferencia, versada nun aspecto concreto da exposición do que é especialista o relator ou relatora. As diferentes quendas estarán guiadas por persoas integrantes do comité científico e colaboradoras do catálogo da exposición, iranse anunciando nesta mesma web nos vindeiros meses. Ademais, o comisario da exposición guiará un total de tres visitas ademais da que abre o ciclo o 14 de decembro. Todas as visitas son de balde e con prazas limitadas, polo que é necesario rexistrarse previamente.

DATAS 

  • 14 de decembro | Un percorrido polas grandes liñas e fitos da exposición, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de Galicia, un relato no mundo | 120 min.
  • 21 de decembro | A diáspora, con Pilar Cagiao Vila, profesora titular de Historia de América na USC e asesora especial para a emigración de Galicia, un relato no mundo | 60 min.
  • 11 de xaneiro | Un percorrido polas grandes pezas artísticas da exposición, co profesor en Historia da Arte da USC Juan Manuel Monterroso | 60 min.
  • 18 de xaneiro | Ciencia e innovación na Galicia do século XXI, co divulgador científico Manuel Vicente | 40 min.
  • 25 de xaneiro | A viaxe dos símbolos, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de Galicia, un relato no mundo | 90 min.
  • 1 de febreiro | A II Guerra Mundial, con Emilio Grandío, profesor titular de Historia Contemporánea e de América da USC | 60 min.
  • 8 de febreiro | Pezas escollidas da exposición, con Ramón Villares, catedrático de Historia Contemporánea e membro da RAG | 60 min.
  • 29 de febreiro | A viaxe das linguas, con Henrique Monteagudo, sociolingüista, profesor da USC e membro da RAG | 60 min
  • 7 de marzo | Aventuras e conflitos, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de Galicia, un relato no mundo | 90 min.
  • [CANCELADA] 14 de marzo | Identidades conectadas na Prehistoria | Beatriz Comendador, arqueóloga e doutora en Xeografía e Historia | 60 min.
  • [CANCELADA] 21 de marzo | Coleccionismo no S.XVIII, con Manuela Sáez, doutora en Historia da Arte | 60 min.
  • [CANCELADA] 28 de marzo | Ser galaicos e romanos no Finis Terrae | Jose Manuel Costa-García, doctor en arqueología y profesor de la USC | 60 min.
  • [CANCELADA] 4 de abril | Visita general a la exposición, con Manuel Gago Mariño, profesor, periodista y comisario de Galicia, un relato en el mundo | 120 min.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas