Historias na encrucillada | Visitas relatorio a 'Galicia, un relato no mundo'

A través do ciclo Historias na encrucillada, todos os sábados pola mañá a partir do 14 de decembro o público poderá mergullarse dun xeito diferente na exposición Galicia, un relato no mundo, afondando nunha etapa histórica ou temática concreta da man de grandes expertos nesa materia. Aspectos como a II Guerra Mundial, as invasións vikingas, a Galicia galaicorromana ou a Idade Media e o Camiño de Santiago serán protagonistas deste programa de visitas, todas elas de balde, que desenvolve a Cidade da Cultura ata a clausura da exposición o 12 de abril. 

Cada sábado -agás Nadal, Entroiro e Semana Santa-, o público terá así a oportunidade de descubrir a mostra cunha óptica diferente, a través dunha visita en sala a modo de conferencia, versada nun aspecto concreto da exposición do que é especialista o relator ou relatora. As diferentes quendas estarán guiadas por persoas integrantes do comité científico e colaboradoras do catálogo da exposición, iranse anunciando nesta mesma web nos vindeiros meses. Ademais, o comisario da exposición guiará un total de tres visitas ademais da que abre o ciclo o 14 de decembro. Todas as visitas son de balde e con prazas limitadas, polo que é necesario rexistrarse previamente.

DATAS 

  • 14 de decembro | Un percorrido polas grandes liñas e fitos da exposición, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de Galicia, un relato no mundo | 120 min.
  • 21 de decembro | A diáspora, con Pilar Cagiao Vila, profesora titular de Historia de América na USC e asesora especial para a emigración de Galicia, un relato no mundo | 60 min.
  • 11 de xaneiro | Un percorrido polas grandes pezas artísticas da exposición, co profesor en Historia da Arte da USC Juan Manuel Monterroso | 60 min.
  • 18 de xaneiro | Ciencia e innovación na Galicia do século XXI, co divulgador científico Manuel Vicente | 40 min.
  • 25 de xaneiro | A viaxe dos símbolos, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de Galicia, un relato no mundo | 90 min.
  • 7 de marzo | Aventuras e conflitos, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de Galicia, un relato no mundo | 90 min | [inscricións proximamente].
  • 4 de abril | Visita xeral, con Manuel Gago Mariño, profesor, xornalista e comisario de Galicia, un relato no mundo | 120 min | [inscricións proximamente].
 
Visitar