Galiciatic 2024

Galiciatic celebra a súa 22 edición o día 7 de novembro de 2024 no Edificio CINC da Cidade da Cultura para analizar a evolución das TIC, facendo énfase na creación dun futuro máis próspero, equitativo e respectuoso co medio ambiente, e na mellora da sustentabilidade dos investimentos e a eficiencia operativa das organizacións.

As intelixencias artificiais e as súas incertezas en canto ao risco e a seguridade; a preocupación por dispoñer de tecnoloxías sostible; a enxeñería de plataformas; o autoservizo do software asistido pola IA; as plataformas industriais na nube; as app intelixentes; unha IA xenerativa democratizada; a forza de traballo conectada; ou os compradores automatizados (clientes máquina). Estas son algunhas das tecnoloxías e tendencias que marcan as liñas temáticas de Galiciatic 2024, contando con representantes dos sectores empresariais e con expertos específicos nas diferentes materias.

Ademais, o evento mantén as sesións de promoción do talento dixital que tiveron lugar durante as pasadas edicións de Galiciatic 2022 e 2023, contando para iso con diversos centros de FP galegos e centros de formación de posgrao en Universidades e Escolas de Negocios. As empresas interesadas en captar talento disporán de casetas informativas, como é habitual.

Tamén haberá “show rooms” físicos e virtuais, casetas físicas, promovendo o acceso dos medios de comunicación, a visualización en redes sociais, así como a presenza daqueles interesados en coñecer de primeira man innovacións das empresas.

O programa completo da xornada pode consultarse na web de Galiciatic.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI