GaliciaTIC 2018

O sector TIC galego prepárase para asistir a unha nova edición do seu foro de referencia, GaliciaTIC. Un evento organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO) conxuntamente coa empresa INETEC, que este ano celebrará a súa XVI edición o vindeiro xoves 24 de maio no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia.

GaliciaTIC abrirá as súas portas baixo o lema "Tecnoloxías, capacidades e infraestruturas que están a impulsar a transformación dixital", co fin de atraer non só aos profesionais deste ámbito, senón tamén aos dos demais sectores empresariais para mostrarlles o que as TIC poden facer polas súas empresas.

O evento ten varios obxectivos: por unha banda, analizar as tendencias actuais na transformación dixital e as oportunidades de negocio asociadas a elas para as TIC galegas; e doutra banda, sensibilizar ao resto de sectores sobre as vantaxes que leva (aforro de custos, mellora de produtividade, redución de tempos, etc).

Para iso, este foro estrutura os seus contidos en cinco tipos de actividades diferentes.

  • Relatorios, masterclasses e mesas de debate
  • Mesas temáticas
  • Competicións de enxeñería
  • Showrooms e demostracións
  • Networking

GaliciaTIC promoverá o networking entre os asistentes mediante as pausas destinadas ao café, a comida e as zonas comúns.

A asistencia a GaliciaTIC é gratuíta pero é necesaria unha invitación que pode solicitarse aos organizadores e patrocinadores do evento. Na web www.galiciatic.com pódense consultar os mesmos, así como a totalidade do programa e as empresas participantes.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada