Galicia TIC 2023

GaliciaTIC, o foro de referencia para o sector tecnolóxico galego organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO), celebrará o 19 de outubro na Cidade da Cultura 21ª edición. Baixo o lema "Impulsar o crecemento e o talento dixital en Galicia", este gran evento empresarial impulsará, por unha banda, a captación dos futuros profesionais do sector e, pola outra, abordará diferentes aspectos do impacto da Intelixencia Artificial na sociedade e nas organizacións, entre outros temas.

Sobre a Intelixencia Artificial versará a conferencia inaugural de GaliciaTIC 2023, a cargo de Francisco de los Santos, socio executivo de Gartner, que falará da revolución que está a supoñer a Intelixencia artificial nas organizacións. A partir desta apertura, sucederase un amplo programa de conferencias, debates, charlas motivacionais e webinars que abordarán múltiples aspectos do sector, como o 5G, os retos do sector, a Intelixencia Artificial xenerativa, as TIC nas operacións da industria, a transformación dixital ou os incentivos fiscais para o desenvolvemento e a innovación no campo das tecnolóxicas.

Ademáis, o evento contará cun stand da Oficina Acelera Peme de INEO, no que se ofrecerá asesoramento a pemes en procesos de dixitalización e transformación dixital.

Feira de Emprego

GaliciaTIC organizará por segundo ano consecutivo, tras a exitosa experiencia da edición de 2022, a súa Feira de Emprego. Trátase dun amplo programa de actividades para poñer en contacto ás empresas do sector con mozas e mozos que estean a conducir o seu perfil profesional cara ás TIC. O ano pasado os participantes circunscribíronse unicamente á Formación Profesional, pero nesta nova Feira abrirase tamén a concorrencia ao alumnado tanto das universidades como das escolas de negocios.

O obxectivo desta feira, que incluirá charlas motivacionais e a participación dunha vintena empresas TIC, é poñer en contacto a rama académica co mercado laboral, fomentar a vocación tecnolóxica nas novas xeracións e reter o talento no tecido empresarial da nosa Comunidade.

Sobre INEO

A Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia é a patronal do sector das tecnoloxías da información, comunicación e electrónica en Galicia (Teic). Está conformada por máis de medio centenar de empresas e é a entidade encargada de velar polos dereitos e intereses do sector, de fomentar a competitividade das empresas que a conforman e de posicionar a súa tecnoloxía estimulando a súa adopción noutros sectores empresariais.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
12 — 31 Mai 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
5 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h