Galicia Profilme: Parladoiros Audiovisuais II

O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos, ofrecerá o vindeiro 9 de marzo, ás 10.00 horas, na Cidade da Cultura de Galicia (Sala Eisenman), unha sesión informativa sobre as claves e oportunidades que lle ofrece o certame donostiarra ao audiovisual galego.

Será no marco dunha nova entrega do programa Galicia ProFilme da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Despois da súa intervención, José Luis Rebordinos desenvolverá reunións individuais con quen as concerte con anterioridade.

Tanto para asistir ao parladoiro como para a petición de reunións, só compre inscribirse no mail audiovisual.agadic@xunta.gal ata as 15:00 horas do xoves 8 de marzo. Pódese consultar o programa no web de Agadic.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027