Galicia PRO Filme: audiovisual con perspectiva europea

Audiovisual con perspectiva europea é o título dunha nova sesión de Galicia PRO Filme, que terá lugar o vindeiro 20 de abril na Cidade da Cultura de Galicia, con Thomas Gammeltoft, director creativo da compañía danesa True Content Entertainment, como relator.

No marco do seu programa de formación para profesionais da industria audiovisual galega, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia volve colaborar coa Fundación Oficina Media España, da que forma parte, para organizar esta sesión sobre a importancia de adoptar unha perspectiva europea tanto desde o punto de vista da creación ou da produción, como desde as entidades de financiamento público. Con este fin, abordaranse diferentes estratexias para ampliar mercados e acceder a a audiencias máis diversificadas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
15 Xul 2026
A partir das 20:30 horas
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada